Skip to content

Que é a Lérez Up?

Lérez Up é o Salón do videoxogo e da cultura friki de Pontevedra, organizado en colaboración co Concello de Pontevedra e Gaming Troop. Tras catro edicións, este evento consolidouse como un punto de encontro interxeracional para familias, xuventude e persoas adultas apaixonadas polos videoxogos, o cosplay, a cultura xaponesa e o ocio alternativo. Unha cita imprescindible que terá lugar en setembro do 2026 no Recinto Feiral de Pontevedra.

Tras acadar no 2025 a cifra de 5.500 asistentes, a Lérez Up volve este ano cun programa reforzado que combina o mellor das edicións anteriores con novas actividades, zonas temáticas e colaboracións locais. Algunhas das actividades que non poderán faltar son os Concursos de Cosplay e K-Pop, ou o torneo nacional de Smash Bros Ultimate.

Quen está detrás

Gaming Troop é unha asociación sen ánimo de lucro con sede en Pontevedra, creada en 2016, centrada na organización de eventos relacionados cos videoxogos e a cultura alternativa. Conta cun local propio na cidade, onde desenvolve a súa actividade durante todo o ano.

En 2022 creou a Lérez Up, un espazo aberto a todos os públicos onde ten cabida o gaming, a arte, a tecnoloxía e a comunidade. Ademais deste evento, Gaming Troop organiza outras actividades durante o ano noutras cidades de Galicia.

Estamos aquí