Videoxogos
Tanto se ves a competir como se só queres botar unhas partidas, aquí atoparás toda a información sobre as distintas zonas de videoxogos da Lérez Up. Consulta que xogos haberá dispoñibles, como funcionan os torneos e que actividades ofrece cada espazo.
Super Smash Bros Ultimate
Torneo nacional de Super Smash Bros Ultimate, cun premio de 700€ máis o bote do rexistro.
Individual: Sábado ás 10:30h | Parellas: Domingo ás 11:30h
Rivals of Aether 2
Torneo de Rivals of Aether 2, cun premio de 150€.
Individual: Sábado ás 16:00h
Tekken 8
Domingo ás 16h
Guilty Gear Strive
Domingo ás 17h
2XKO
Domingo ás 18h
Zona Consolas
Mario Kart World
Sábado e domingo ás 16h
Duck Game
Sábado ás 16:30h
EA SPORTS FC 26
Sábado ás 18h
Street Fighter 6
Sábado ás 18:30h
Zona PCs
League of Legends 5vs5
Sábado ás 12:30h
Patrocinado por Código Oculto
Valorant
Sábado ás 12:30h
Patrocinado por Área 60
TFT
Sábado ás 16:30h
Fortnite
Domingo ás 16h
Zona patrocinada por
A zona PCs da Lérez Up conta co apoio de PCBox, que fai posible este espazo proporcionando os equipos cos que se desenvolverán as partidas e competicións durante toda a fin de semana. Grazas á súa colaboración, os asistentes poderán gozar dunha zona preparada para xogar, descubrir novos títulos e participar nos distintos torneos programados.
Zona VR - Simracing
Beat Saber
Blade & Sorcery
Microsoft Flight Simulator
Roboquest
Assetto Corsa
Preguntas frecuentes
Si. Todos os torneos precisan inscrición, pero o proceso depende da zona:
Fighting Games: para os torneos de Super Smash Bros Ultimate y ROA2 a inscrición debe facerse antes do evento a través de Start.gg. Para participar precisarás dunha conta nesta plataforma. Atoparás as ligazóns de inscrición na sección de cada torneo. Para os demais torneos da zona, a inscrición realizarase o mesmo día do torneo na mesa de inscricións.
Zona Consolas e Zona PCs: a inscrición realizarase o mesmo día do torneo na mesa de inscricións situada na entrada do recinto. Non é posible apuntarse con antelación.
No. A única excepción é o torneo nacional de Super Smash Bros Ultimate, que ten unha cuota de inscripción destinada ao premio do torneo. O prezo indícase na páxina de inscrición e, neste caso, a entrada ao evento xa está incluida, polo que non terás que comprala por separado.
¡Sentimolo moito! Esto pode pasar, pero non hai problema. Na páxina de rexistro hai un email de contacto ao que podes escribir en caso de erro. O equipo porase en contacto contigo e dirá os pasos a seguir para solucionalo.