Saltar ao contido

Zona K-Pop

Descubre o fenómeno mundial do K-pop a través de concursos, actividades e propostas pensadas tanto para fans como para quen queira achegarse por primeira vez á cultura musical surcoreana.

Concurso K-Pop

Demostra o teu talento sobre o escenario no concurso de K-pop da Lérez Up. Unha cita para gozar do baile, da música e das actuacións de participantes chegados de distintos puntos, ante un xurado especializado e un público entregado.

As inscricións para participar no concurso de K-pop abriranse o próximo luns 20 de xullo ás 15:30 h.

Se hai algún menor de idade no grupo, envíanos por mail a autorización para menores de idade.

Programación da zona

Sábado

11:00 | Random Dance

12:00 | Xogos tradicionais

13:00 | Xogo das cadeiras Rosco K-Pop

14:00 | Película “Ateez world tour 2022 the fellowship: beginning to end”

15:00 | Baile por equipos

16:00 | Quiz K-Pop Adiviña a canción

17:00 | Charla + Q&A: “Guía para fans de K-Pop”

18:00 | Random Dance

20:00 | Tempo libre

Domingo

11:00 | Random Dance por xeracións

12:00 | Adiviña o idol: ¿Quen é quen?

13:00 | Random Dance

14:00 | Película “Ateez – The fellowship Break the Wall in Seoul

15:30 | Hora límite para confirmar a túa inscrición ao concurso de K-Pop

16:00 | Organización e ensaios previos ao concurso

17:00 | Concurso de baile K-Pop

Zona patrocinada por

Detrás de cada grupo de K-pop hai moito máis ca unha coreografía. Hai creatividade, organización, deseño, edición de vídeo, fotografía, redes sociais e unha identidade propia construída con moito traballo. WordPress.com comparte esta forma de entender a creación de contido, ofrecendo un espazo onde artistas, creadores e comunidades poden mostrar os seus proxectos, contar a súa historia e conectar con persoas de todo o mundo. Apoiar esta zona tamén é unha forma de impulsar o talento novo e recoñecer que a creatividade non remata cando se baixa do escenario.