Saltar ao contido

Xogos de mesa e TCGs

A zona de Xogos de Mesa e TCG está formada por dous espazos con personalidade propia. A zona de Xogos de Mesa, situada na primeira planta, ofrecerá partidas, torneos e actividades para todos os niveis, mentres que a zona de TCG, dentro do Recinto, reunirá torneos, xogo libre e propostas dedicadas aos principais xogos de cartas coleccionables.

📍 Situado na primeira planta do Recinto Feiral, xunto ao salón de actos.

Desde grandes clásicos ata as últimas novidades, a zona de Xogos de Mesa é o lugar perfecto para descubrir novos títulos, unirte a partidas con amigos, en familia ou con outras persoas asistentes, e probar xogos da man de editoriais e asociacións especializadas.

Actividades

Rol

Partidas guiadas para todos os públicos, tanto para aquelas persoas que queiran iniciarse no mundo do rol como para aquelas que xa probaron esta experiencia

Rol en vivo

Sábado

O enigma do outro mundo

Quedastes atrapados nunha base militar no Ártico e só hai sitio para algúns no helicóptero de rescate. Teredes que decidir quen se salva mentres intentades descubrir quen foi infectado por unha misteriosa forma de vida alieníxena!

Torneos rápidos familiares

Toda a fin de semana

Torneos rápidos con sorteos entre as persoas participantes

Taller de pintura de miniaturas

Domingo 16h

Gústache pintar e tamén as miniaturas para xogos de mesa? Este é o teu obradoiro!

10 prazas, a partir de 10 anos

Torneo de Catan

Sábado 16h

Xogo de estratexia no que os xogadores colonizan a illa de Catán, construíndo asentamentos, cidades e camiños para acumular puntos.

16 prazas, torneo gratuíto

Torneo Warhammer Age of Sigmar

Domingo 10:30h

Xogo de combate estratéxico ambientado nos Reinos Mortais, rexións case infinitas saturadas de poderosa maxia nas que formidables exércitos de soldados, bestas enormes e deuses loitan polo territorio e o poder.

12 prazas

Mesa de creadores galegos

Un espazo dedicado a novos talentos que presentan os seus propios xogos de mesa. Descubre prototipos en desenvolvemento, coñece os seus creadores e proba títulos que aínda non chegaron ao mercado ou que apenas comezan a darse a coñecer.

Magic

Iniciación

Toda a fin de semana

Iniciación e sorteo dunha caixa para principiantes de superheroes entre todas as persoas que veñan aprender a xogar.

8 prazas. A partir de 12 anos.

Commander Party

Toda a fin de semana

Evento especial Elder Dragon Highlander. Premios por participar e sorteos por rolda (Casual, Challenging e Competitivo).

Sábado 24 prazas, domingo 32 prazas. Inscrición no propio evento: 1 día 2 €, 2 días 3 €.

Pauper Clasificatorio Liga Galega

Sábado 11h

Únete a este clasificatorio no que poderás conseguir unha praza na final galega para o primeiro e segundo posto, ademais de sobres de xogo e cartas.

Inscrición gratuíta e decklist en papel obrigatoria.

Xogo libre

Toda a fin de semana

Espazo de xogo libre para TCG, coñece outros xogadores e practica as túas partidas de Magic TCG.

Riftbound

Iniciación

Toda a fin de semana

Iníciate no xogo e recibe unha carta promocional (ata fin de existencias).

Nexus Challenge

1vs1 sábado 11:30h

2vs2 domingo 11h

Evento de inscrición gratuíta con sobres de xogo como premio.

Pokémon

Iniciación

Sábado

Iniciación a Pokémon TCG e VGC. Non é necesario traer nada, entregaranse sobres e promos a todas as persoas participantes.

A partir de 8 anos.

Copa de Liga TCG

Domingo 11h

Torneo de Pokémon TCG con top cut e un máximo de 16 prazas, con premios de 1 ETB de Pitch Black e tapete para a persoa gañadora, un bundle de Primer Compañero de serie 3, e sobres de Pitch Black para repartir entre o top 4.

Inscrición 10 €.

Copa de Liga VGC + Challenge

Domingo 11h

Torneo de VGC con top cut e un máximo de 16 prazas. Premios en formato de bono de tenda para gastar no propio stand ou na tenda física. O inicio e formato do Challenge dependerá do Cup.

Inscrición 10 € para o Cup e 5 € para o Challenge.

Torneo Gym Leader

Domingo 17h

Torneo de Pokémon TCG en formato Gym Leader Challenge, cun máximo de 16 prazas e formato de 3 roldas de suízo ao mellor de 1. Haberá sobres de premio por participar e sobres de colección para as persoas gañadoras.