Saltar ao contido

...e máis!

A programación da Lérez Up vai moito máis alá das súas zonas principais. Aquí atoparás actividades, exhibiciones e propostas organizadas por colaboradores que completan a experiencia do evento.

Zona Escenario

Sábado

12:00 | Rea | Guía para facer cosplay en Xapón

13:00 | Manueki | Comando Cosplay, podcast en directo

15:00 | Yell0 | Adiviña a música do videoxogo

16:00 | Concepción González | Game Jams: Guía para sacarlles o máximo proveito

17:00 | Mesa redonda de desarrollo de videojuegos | O día a día dun estudo indie

Adrián Suárez, Danae Romero, Mariola Juncal y Roberto Alvite

18:00 | Taippen | Introducción e método ao debuxo digital

19:30 | Wajari de WordPress.com | Non xogues só: o poder da colmea

Domingo

12:00 | Risu | Reservas en cafés temáticos e entradas para concertos na túa primeira viaxe a Xapón

13:00 | Hantzie | Deseño e creación de props 3D

15:00 | Mesa redonda de arte | Da idea ao evento: Facer da arte un proxecto

_Alys_random, Cascuda, Sarailore y Uxía Franri

16:00 | Club de kendo Fuji Dojo | Kendo. O camiño da espada

19:00 | Alén das Avelaíñas | Que é a moda lolita?

Salón de Actos

Sábado

16:00 | Esgrima: exhibición de combates

17:00 | Concurso de cosplay

17:30 | Desfile de moda lolita

Domingo

16:00 | Actuación musical por Yell0

17:30 | Kendo: exhibición de combates

Zona EGL Lolita

Descubre todos os estilos da moda lolita da man da asociación Alén das Avelaíñas. Unha comunidade inclusiva que acolle por igual todas as persoas interesadas neste estilo de moda en Galicia, compartindo diferentes actividades culturais e de lecer.

Durante toda a fin de semana terán dispoñible un photocall e unha mostra de moda lolita no seu stand, ademais dun desfile de moda no Salón de Actos e unha charla no escenario.

Zona Pontelabs

Pontelabs é unha asociación pontevedresa que experimenta con tecnoloxías desde unha perspectiva aberta e colaborativa, abarcando impresión 3D, corte láser, electrónica, arte e moito máis.

Durante toda a fin de semana terán dispoñible unha exposición de impresión 3D e electrónica, ademais do obradoiro Pinta a túa figura Pokémon 3D o domingo ás 12:00 e ás 17:00.

Zona Kendo

Desde o Club de Kendo de Vigo, Fuji Dojo, queren achegar o kendo á Lérez Up, unha antiga arte marcial xaponesa que forma as persoas practicantes no manexo da espada.

Durante toda a fin de semana poderás probar o kendo no seu tatami, asistir a unha exhibición de combates no Salón de Actos e coñecer máis sobre esta disciplina na súa charla no escenario.

Zona Star Wars

Escuadrón SAS é un grupo de artistas marciais da Coruña que leva anos achegando o universo dos sabres láser aos eventos. Ademais de crear os seus propios sabres, comparten co público os seus coñecementos sobre o seu uso e as súas técnicas.

Durante toda a fin de semana ofrecerán un obradoiro de creación de sabres láser, ademais de duelos e coreografías na súa zona.

Zona Foodtrucks

Un espazo para facer unha pausa, recargar enerxías e gozar das propostas gastronómicas dos nosos foodtrucks: croquetas, empanadillas, bocadillos, nachos, ensaladas, bubble tea, perritos coreanos, baos, petiscos, sobremesas e moito máis!

Poderás visitar os postos de Croketas D’, Mar González Distribuciones, A Tixola, GTminolas e Bubble Tea, con opcións vexetarianas, veganas e sen glute.

Zona Xogo en vivo

Ocionautas é unha asociación dedicada a impulsar iniciativas xuvenís e fomentar o voluntariado, converténdose nun referente en A Estrada. Coa súa filosofía “build gaming”, crean un espazo sen pantallas con xogos e actividades elaboradas con materiais reciclados para persoas de todas as idades.

Durante toda a fin de semana ofrecerán diversos xogos sen pantallas e serán a base de operacións do xogo en vivo “O mando único”.

Zona Idol Games

Idol Games é un grupo de amigos que leva anos organizando actividades en eventos. Se che gusta o manga e o anime, esta é a túa zona. Demostra todo o que sabes nos retos, concursos e actividades que teñen preparados.

Durante toda a fin de semana organizarán diferentes retos e actividades relacionadas co manga, o anime e a cultura xaponesa.

Sábado

11:00 | Bingotaku

12:00 | Quen quere ser frikinario?

13:00 | Audiotrivial

14:00 | Ultrastar libre

15:00 | Adiviña o personaje

16:00 | Cal é este Pokémon?

17:00 | Torneo Ultrastar

20:00 | Ultrastar libre

Domingo

11:00 | A ou B?

12:00 | Batata quente

13:00 | Onde te sentaches?

14:00 | Just Dance libre

15:00 | ¿Moshi moshi?

16:00 | Torneo Just Dance

19:00 | Just Dance libre

Zona Carreiras Mini 4WD

Gunpla Loompa é unha tenda especializada en Gunpla, as maquetas de robots inspiradas no anime “Mobile Suit Gundam”. Viaxan por toda España participando en eventos e achegando ao público o mundo das carreiras Mini 4WD.

Durante toda a fin de semana poderás descubrir a súa exposición de Gunplas, participar nas carreiras Mini 4WD e coñecer máis sobre esta afección.

Sábado

11:00 | Monta o teu coche e proba a pista

15:00 | Carreiras con coches de stock

16:00 | Xogo libre

Domingo

11:00 | Proba de pista e adestramentos

14:30 | Revisión para carreira B-MAX

16:00 | Carreira B-MAX

17:00 | Carreira con coches de stock e xogo libre