O cosplay é unha das actividades máis queridas da Lérez Up. Durante toda a fin de semana poderás descubrir impresionantes caracterizacións, coñecer aos cosplayers convidados, desfrutar do concurso e actividades dedicados a esta afección que combina creatividade, interpretación e paixón.